Carl Sagan gañou gran popularidade grazas á galardoada serie documental de Cosmos: A Personal Voyage, producida en 1980, da que foi narrador e coautor. Tamén publicou numerosos artigos científicos, e foi autor, coautor ou editor de máis dunha vintena de libros de divulgación científica, sendo os máis populares os seus libros Cosmos, publicado como complemento da serie, e Contact, no que se basea a película homónima de 1997. Cosmos foi a serie máis vista da historia da televisión pública americana, foi vista por un mínimo de 500 millóns de persoas ó longo de 60 países diferentes. En 1978 gañou o Premio Pulitzer de Literatura Xeral de Non Ficción polo seu libro The Dragons of Eden.
Ricardo Courtier, nado na Coruña o 10 de marzo de 1865 e finado en Ourense o 10 de decembro de 1922, foi un músico e compositorgalego. Nado nunha familia de músicos, é considerado o membro máis salientable da terceira xeración de músicos da saga Courtier. Logo de finalizar a súa formación instalouse na Pobra de Trives, onde foi director da banda de música. Foi precisamente nesta vila ourensá onde desenvolveu unha intensa labor fundando diversas agrupacións e compoñendo obras que serían interpretadas por estas. Posteriormente trasladouse coa súa familia á cidade de Ourense, onde residiu ata o seu falecemento, e onde foi director da Banda de Música Municipal. A súa obra salienta pola influencia da música tradicional galega, con harmonías sinxelas e formas típicas da música popular. Ademais do seu labor como compositor, Ricardo Courtier realizou arranxos para as distintas agrupacións que liderou.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 161 238 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 499 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.